I CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL “ULTREIA”

O I Concurso de canto e percusión tradicional “Ultreia” ten a finalidade de mobilizar a todas as asociacións e entidades vinculadas á música tradicional cuxa actividade neste momento está paralizada por mor da crise sanitaria que tanto mermou o tecido asociativo e, especialmente, o afectivo. Coa vontade de continuarmos traballando xuntos a prol da cultura de noso e, dalgún xeito reencontrármonos, o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia estabelece as seguintes bases.

Para facer a inscrición accede ao seguinte formulario.